Descripción de la empresa:
A asociación está pensada para traballar polo fomento e a defensa dos intereses profesionais dos empregados públicos pertencentes aos departamentos de servizos técnicos da Xunta de Galicia.
http://www.xuntasstt.es.tl
CAPÍTULO II
FINS DA ASOCIACIÓN Artigo 4.
Son fins da asociación:
a) O fomento da solidariedade, da comunicación e das relacións entre os asociados mediante a correspondente información e intercomunicación. b) O desenvolvemento e a promoción dos intereses sociais dos mesmos.
c) A colaboración coa administración co fin de fixar as condicións máis axeitadas para a prestación dos seus servizos e na elaboración das disposicións que afecten a estes empregados públicos mediante a súa participación nos órganos correspondentes.
d) Velar polo prestixio dos membros asociados e pola maior eficacia da súa función.
e) Promover o espírito de servizo á sociedade que implica o exercicio da función pública.
f) A organización de cursos e conferencias, a edición de publicacións e en xeral a realización de calquera actividade que busque unha mellora na formación profesional dos asociados.
g) Facilitar o achegamento entre os profesionais, unificar criterios a nivel profesional ou intelectual e formular directrices comúns para o mellor desenvolvemento da profesión.
h) Programar, organizar e colaborar nos labores formativos e de promoción dos membros.
Dirección:
Calle Republica Argentina nº 24-1º
32500 -
O Carballiño
Orense -
España