|
pegadas s. coop. galega
PRESENTACIÓN Pegadas, Sociedade Cooperativa Galega é unha cooperativa de traballo asociado adicada á xestión cultural e dixital; serigrafía e rotulación. Nace ante a necesidade de ofrecer estes servizos tanto por separado como no seu conxunto, aúnando así o que é o deseño, planificación e execución dun proxecto cultural co deseño, rotulación e estampación sobre todo tipo de materiais necesarios para publicitar o propio evento, facendo un labor de comunicación visual e cultural. Somos unha cooperativa que aposta pola calidade, o respecto ao meio, o comercio xusto e o traballo digno: esta é a maior diferenza entre os nosos produtos e servizos e os que ofrecen outras empresas dos mesmos sectores. ACTIVIDADE ECONÓMICA E SERVIZOS QUE DESENVOLVEMOS No eido da serigrafía: Labores de deseño, serigrafiado e estampación sobre todo tipo de materiais. · Serigrafía téxtil sobre calquera tipo de tecido: algodón, poliéster, nylon, punto, etc. (Roupa laboral, uniformes, camisetas, polos, etc.) · Serigrafiado de reclamo publicitario para o que contamos cun amplo abano de catálogos con artigos de todo tipo (bolígrafos, acendedores, calendarios, axendas, etc.). · Placas de sinalización para exteriores e interiores. · Pegatinas, toldos e lonas. · Realización de series de cadros en serigrafía. · Aplicación de tránsfer. · Aplicación de vinilo téxtil. · Aplicación de vinilos en vidreiras. · Realización de estampados da propia marca en roupa e complementos elaborados en Galiza. · Complementación da nosa sección de xestión cultural, proporcionando todo o anteriormente citado para a realización de eventos. Todo isto proporcionando o artigo a estampar ou imprimindo as unidades que o cliente merque ou fabrique pola súa conta. Dado o amplo abano de posibilidades de impresión que ofrece a serigrafía, non dubide en contactar con nós ante calquera consulta ou suxerencia que non vexa reflectida na nosa oferta. No eido da xestión cultural: · Deseño e montaxe de exposicións. · Organización e xestión de actos culturais: concertos, conferencias, cursos, xornadas , certames, festas, excursións, etc. · Programación cultural de institucións, tanto públicas como privadas. · Elaboración e xestión de proxectos culturais, de dinamización turística, de desenvolvemento local... · Xestión de espectáculos, produción cultural. · Programación sociocultural e educativa. Na xestion dixital: · internet · dominios e hosting · deseño e aplicacións · posicionamento web · promoción e publicidade · envíos masivos email, sms , e fax. · sms de pago, marketing sms Pódese poñer en contacto con nós en calquera dos teléfonos indicados ou a través do correo electrónico.
|